PLANETA GZ 2

DATOS BÁSICOS

Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.

Memoria

Nerea Barros | 2021 | 15:00 | España | DOC | COR

A transmisión do legado dun avó á súa neta a través dun mar que xa non existe.

Amarillo atlántico

Carla Andrade | 2022 | 14:00 | España | EXP | B&N

Amarelo atlántico é un nome da variedade única de granito da Serra de Groba, situada ao longo da costa máis meridional e rectilínea de Galicia, e lugar de paso de camiños iniciáticos desde a cultura sumeria. Pola súa riqueza e descoñecemento, constitúe un gran libro de pedra en que se ocultan sabedorías ancestrais e poderosas forzas cosmo-telúricas á división ortodoxia fronte a idolatría. Imaxes fixas e movemento combínanse e tinguen o propio material fílmico resignificando estas nocións relacionadas co amor polo insondable do salvaxe, aínda que estruturalmente asimiladas coma ilusión e ignorancia.

O sistema de visualización de cristal líquido e os píxeles subversivos

Alvaro Chior | 2022 | 13:09 | España | FIC, EXP | COR

O proxecto O sistema de visualización de cristal líquido e os píxeles subversivos nace coa idea de debullar o sistema de visualización LCD e as súas unidades mínimas, os píxeles; establecendo unha relación alegórica entre eles e entre corpos afectados e sensibles. Neste contexto, o proxecto constrúese mediante a lectura dos “erros” dos píxeles que fallan dentro do sistema LCD, rexistrando os píxeles que se negan a representar a imaxe como se fosen actos subversivos. Neste contexto abórdanse diferentes cuestións como a liquidez, a representación hexemónica, o paradigma actual da información, a súas repercusións emocionais e a súa relación cos corpos e coa propia creación, os seus procesos e tempos, e a aceleración dos ritmos de caducidade de imaxinarios e ideas.

Estrea en Galicia

Elefante

Alberte Pagán | 2022 | 00:01 | España | EXP | COR

Quando acordou, o elefante ainda estava lá. Elefante é a película mais curta possível. Elefante consta dum único fotograma, com umha duraçom de 1/60 de segundo (16,7 milissegundos). Elefante é a demonstraçom da essencial diferença entre fotografia e cinema, da radical diferença entre fotograma e fotografia: o cinema nom é movimento senom tempo visual.

Unha fiestriña

Carlos Fernández López | 2022 | 15:48 | España | EXP | COR

Este filme é unha curta experimental gravada no metaverso. Imaxes da realidade virtual vanse cosendo entre as da crúa realidade, mentres se reflexiona nunha conversa metafísica de sobremesa. Unha xaneliña é unha mira cara ao que está por vir, o irreal do uso do dixital. Unha pantalla pola que asomamos a un mundo virtual que se apoia nos cimentos do tanxible.

Proxecto X

Sol Mussa | 2022 | 05:00 | España | EXP, DOC | COR

A merda desaparece tan invisible e inodoramente nas tripas de Santiago que parece que nunca tivera existido. Agora esixe que se lle libere da súa escura cloaca e saír á luz.

Duración: 
63 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Martes, 4 Outubro, 2022
22:00
Teatro Principal