CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
PILLION (2025)
Harry Lighton
Irlanda, Reino Unido / 106 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Alexander Skarsgård, Harry Melling, Lesley Sharp
Ficha técnica:
Guión: Harry Lighton. Baseado na novela de Adam Mars Jones
Fotografía: Nick Morris
Edición: Gareth C. Scales
Produción: Clare Binns, Lucy Drury, Mark Gooder, Lee Groombridge, Ed Guiney, Pim Hermeling, Tobi Kyeremateng, Andrew Lowe, Emma Norton, Louise Ortega, Savannah Power, Alexander Skarsgård, Elizabeth Small, Alison Thompson, Christian Vesper, Eva Yates
Sinopse:
Colin leva unha vida gris e rutineira pero a súa existencia dá un xiro inesperado cando coñece a Ray, o carismático e atractivo líder dunha banda de moteiros gais, que o introduce nun mundo de dominación, entrega e desexo. O que comeza como unha experiencia liberadora convértese nunha viaxe incómoda cara aos límites da identidade, a intimidade e o poder dentro da parella.
Pillion é unha feel good movie que desarma as convencións da comedia costumista inglesa para falar sen pudor dos límites do amor e da vulnerabilidade dos roles nunha relación, aquí definidos por quen conduce a moto e quen vai de acompañante (pillion).
Harry Lighton é un director e guionista británico afincado en Londres. A súa primeira curtametraxe, Sunday morning coming down (2018), foi recoñecida polos BAFTA. A seguinte, Wren Boys (2017), tivo un amplo percorrido por festivais internacionais como Sundance, ademais de recibir nomeamentos aos premios BAFTA e BIFA. Nos últimos anos traballou con Oliver Hermanus en diversos proxectos, como Living, a serie Mary & George e unha longametraxe biográfica sobre Alexander McQueen de próxima estrea da que é guionista.
Premio ao Mellor Guión na sección Un certain regard do Festival de Cannes 2025