CINEUROPA
AS INMORTAIS DE HITCHCOCK
PICNIC (1955)
Joshua Logan
Estados Unidos / 115 min / Inglés
Ficha artística:
William Holden, Kim Novak, Betty Field, Susan Strasberg, Rosalind Russell, Cliff Robertson
Ficha técnica:
Guión: Daniel Taradash. Baseado na obra teatral homónima de William Inge
Fotografía: James Wong Howe
Edición: Charles Nelson e William A. Lyon
Produción: Fred Kohlmar
Sinopse:
Nunha pequena localidade de Kansas, a chegada de Hal Carter, un home atractivo e errante, altera a vida dos habitantes. Hal busca un antigo compañeiro de universidade, Alan Benson, pero axiña chama a atención de Madge, a noiva de Alan, e esperta sentimentos e desexos que permanecían agochados. Durante a celebración dun picnic, as tensións amorosas e sociais saen á luz.
MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA EN COR E MELLOR EDICIÓN NOS ÓSCAR 1956
MELLOR DIRECCIÓN NOS GLOBOS DE OURO 1956