CINEUROPA
NOVOS/AS CINEASTAS / FANTASTIQUE COMPOSTELA
PIAFFE (2022)
Ann Oren
Alemaña / 86 min / Ficción / Alemán, inglés
Ficha artística:
Simone Bucio, Simon(e) Jaikiriuma Paetau, Sebastian Rudolph
Ficha técnica:
Guión: Ann Oren, Thais Guisasola
Fotografía: Carlos Vasquez
Edición: Ann Oren, Haim Tabakman
Produción: Kristof Gerega
Sinopse:
Cando a súa irmá Zara sofre un ataque de nervios, a introvertida Eva vese obrigada a aceptar o traballo de Zara como artista de Foley, e crear sons para un anuncio publicitario protagonizado por un cabalo. Cando unha cola de cabalo comeza a medrar a partir do seu corpo, Eva utiliza ese feito excepcional para iniciar un xogo de submisión cun mozo botánico. Unha das grandes sensacións da pasada edición do festival de Locarno.
Ann Oren (Tel Aviv, Israel). Estudou Cinema e Belas Artes na School of Visual Arts de Nova York. Tras mudarse a Berlín no 2015, o seu interese artístico comezou a pasar da videoarte e as instalacións ao cinema. No 2020 dirixiu a curtametraxe Passage, que se estreou no Festival de Curtas de Oberhausen e recibiu, entre outros, o premio á mellor curtametraxe experimental en Slamdance. Passage funciona como precuela de Piaffe, a súa primeira longametraxe, que competiu no Festival de Locarno.
Candidata á mellor película da sección ‘Noves visións’ en Sitges
Candidata á mellor película no Festival de Locarno