PHOENIX

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

CINEUROPA 40 ANOS

PHOENIX (2014)

Christian Petzold

Alemaña, Polonia / 98 min / Alemán

Ficha artística:

Nina Hoss, Ronald Zehrfeld, Nina Kunzendorf, Trystan Pütter, Michael Maertens

Ficha técnica:

Guión: Christian Petzold e Harun Farocki. Inspirado na novela Regreso das cinzas de Hubert Monteilhet

Fotografía: Hans Fromm

Edición: Bettina Böhler

Produción: Florian Koerner von Gustorf, Michael Weber, Jacek Gaczkowski, Piotr Strzelecki, Anton Kaiser, Monika Lobkowicz, Bettina Ricklefs, Andreas Schreitmüller, Frank Tönsmann e Hubert von Spreti

Sinopse:

Berlín, 1945. Nelly Lenz, supervivente de Auschwitz, regresa á súa cidade tras sufrir graves feridas no rostro e someterse a unha operación de reconstrución facial. A pesar das advertencias da súa amiga Lene, comeza a buscar o seu home, Johnny, que a cre morta e non é quen de recoñecela. Cando finalmente se reencontran, Johnny proponlle que se faga pasar pola súa propia esposa para reclamar a herdanza da familia de Nelly, asasinada no Holocausto. Ela acepta, movida polo desexo de descubrir se Johnny a amaba realmente ou se a traizoou.

 

PREMIO FIPRESCI NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2014

MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA (NINA KUNZENDORF) NOS PREMIOS DO CINEMA ALEMÁN 2015

 

Duración: 
98 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

- Para as proxeccións de todas as salas:

  • compostelacultura.gal
  • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
  • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 

- En cada sala, para as proxeccións dese espazo:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
  • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Luns, 9 Novembro, 2026
17:45
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA