PETER TSCHERKASSKY 1

DATOS BÁSICOS

Esta sección pretende recoller e loar a obra de cineastas consolidados que sexan un referente para as cinematografías menos ortodoxas. Un lugar para aqueles que abriron ou abren camiños na linguaxe fílmica.

 

EROTIQUE

EROTIC

Peter Tscherkassky | 1982 | 01:40 | Austria | EXP | COR

Vénse imaxes dando voltas, partes da cara dunha muller, beizos vermellos, ollos en fragmentos cíclicos de movemento. Ás veces é complicado saber que parte do corpo se está a ver. A mirada quédase atrapada en obxectos parciais, non integrais, un corpo enteiro no que pensar. Ningún corpo, cuxa representación era sempre un dos problemas no cine. (Michael Palm)

 

URLAUBSFILM

HOLIDAY FILM

Peter Tscherkassky | 1983 | 09:15 | Austria | EXP | COR

Vista dende a distancia, unha muller pasea por un prado. De vez en cando unha blusa parcialmente desabrochada revela os seus peitos, filmados cun potente teleobxectivo. Pero o idilio remata socavado radicalmente cando a muller mira de súpeto directamente á cámara. A película córtase ao instante: o voyeur foi descuberto! Esta cadea de acontecementos salta continuamente de novo ao principio e repítese, pero cada vez como unha versión regravada da secuencia anterior. A perda que se vai xerando conduce a unha ilexibilidade perfecta, ata que todo o que queda son unhas imaxes abstractas e escintilantes. O espectáculo erótico pouco a pouco vaise convertendo nunha lembranza. (Michael Palm)

 

TABULA RASA

Peter Tscherkassky  | 1989 | 17:02 | Austria | DOC, EXP | COR, B&N

Tabula Rasa cambia do figurativo ao abstracto, algo que como irritación visual non permite ser entendido como a creación dun mesmo como espectador. Aínda que o obxecto que se observa é o máis común de todos: o corpo feminino. É este corpo, o que vai dun lado cara o outro amosándose (como unha foto) e tapándose.

 

MANUFRAKTUR

MANUFRACTURE

Peter Tscherkassky | 1985 | 03:00 | Austria | DOC | B&N

Unha rede enmarañada é tecida con partículas de movemento sacadas duns vídeos atopados e compilados de novo: os elementos gramaticais “á esquerda, á dereita, dun lado para outro” do espazo narrativo son descargados de toda carga gramatical. O que queda é un enxame de autosuficiente de vectores fugaces, engurrado con trazas dos procesos manuais da produción na sala escura.

 

L'ARRIVÉE

THE ARRIVAL

Peter Tscherkassky | 1998 | 02:00 | Austria | DOC | B&N

L’Arrivée é a segunda homenaxe de Tscherkassky aos irmáns Lumiére. Primeiro vese a chegada da propia película, que amosa a chegada dun tren a unha estación. Pero ese tren bate contra un segundo tren, causando un accidente violento, que conduce a unha inesperada terceira chegada, a chegada dunha muller fermosa: o final feliz.

 

OUTER SPACE

Peter Tscherkassky | 1999 | 10:00 | Austria | EXP | B&N

Unha muller, aterrada por unha forza invisible e agresiva, é ademais exposta ás miradas da audiencia, unha prisioneira en dous sentidos. Outer Space axita esta construción, que é prototípica para as xerarquías de xénero e do réxime da forma de ver o cine clásico, e permite que a protagonista a poña patas arriba. A historia remata na mirada resistente da muller. (Isabella Reicher).

 

DREAM WORK

Peter Tscherkassky | 2001 | 11:00 | Austria | EXP | B&N

Unha muller vaise á cama, cae durmida, e comeza a soñar. Este soño lévaa a unha paisaxe de luces e sombras, evocada dunha forma unicamente posible a través da cinematografía clásica.

 

THE EXQUISITE CORPUS

Peter Tscherkassky | 2015 | 19:00 | Austria | EXP | B&N

Unha procura ao longo dunha costa. Albiscamos a varios actores dende a proa dunha embarcación pequena. Finalmente, o obxecto da procura é atopado: unha bela durminte xace na praia, ante os nosos propios ollos. De súpeto e de xeito moi inesperado, vémonos introducidos no seu sono. É un sono realmente ambiguo: sensual, cómico, truculento, e extático. Unha sedución amplamente definida, ansiosa dunha dimensión física tanxible, perceptible, exquisita... incluído o corpo da película.

Duración: 
80
Información da billeteira: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Mércores, 2 Outubro, 2019
20:15
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural