CINEUROPA
LATIDOAMERICANO
PERROS (2025)
Gerardo Minutti
Uruguai / 102 min / Ficción / Castelán
Ficha artística:
Néstor Guzzini, María Elena Pérez, Marcelo Subiotto
Ficha técnica:
Guión: Gerardo Minutti
Fotografía: Matías Lasarte
Edición: Manuel Ferrari
Produción: Santiago López Rodríguez, Hernán Musaluppi, Diego Robino, Sandino Saravia Vinay, Lilia Scenna
Sinopse:
Durante un verán abafante, os Saldaña aceptan coidar a casa e o can dos seus veciños, os Pernas. O que comeza como unha tarefa inofensiva convértese nunha oportunidade para vivir, por uns días, unha vida allea. Mais a desaparición inesperada do animal desencadea un conflito violento e degradante entre ambas as familias, no que afloran a envexa, o resentimento e a hipocrisía.
Gerardo Minutti é licenciado en Comunicación Social e traballou durante dez anos como xornalista cultural. En 2013 foi bolseiro do Ministerio de Educación e Cultura de Uruguai a través do Fondo de Estímulo á Formación e Creación Artística, onde desenvolveu un proxecto de guión baixo a titoría de Pablo Stoll, Laura Santullo e Sandino Saravia. Desa experiencia xurdiu a primeira versión de Perros, o seu debut en longametraxe. En 2018 rodou a curta de ficción Hogar, que recibiu a Mención Especial do Xurado no Festival de Biarritz Amérique Latine (Francia) e foi seleccionada na Competición Oficial Iberoamericana do Festival Internacional de Cine de Guadalajara (México).
Premio á Mellor Actriz de Reparto (María Elena Pérez) no Festival de Málaga