PELÍCULA SORPRESA

DATOS BÁSICOS

Como cada ano, Cineuropa ofrece un filme sorpresa. Convidamos aos e ás nosas espectadoras a que asistan á proxección sen saber que atoparán.

Os días previos a este pase, ofreceremos pistas nas redes sociais do festival sobre o filme en cuestión, a ver se acertades! 

De non ser así, sempre vos quedará fiarvos do noso criterio e deixarvos sorprender.

Lembrade, este será o pase único desta película. Neste caso, non haberá segundas oportunidades...

Duración: 
?? min
Información da billeteira: 

VENTA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • No Teatro Principal (de 15.30 a 22 h) para toda as proxeccións
  • En NUMAX (de 10 a 14 h e de 16 a 22 h) e en Multicines Compostela (de 16.40 a 22 h) para as proxeccións da propia sala.

VENTA INMEDIATA:

Ata 5 minutos antes do inicio de cada sesión.

  • No Teatro Principal, para as proxeccións de Teatro Principal, Salón Teatro, e Museo das Peregrinacións.
  • En Multicines Compostela e en NUMAX para as proxeccións da propia sala.

PREZO:

  • 4 euros
  • Abono 10 películas: 30 euros
Funcións: 
Xoves, 22 Novembro, 2018
22:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural