O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España organiza, desde o 2018, o evento 'La Noche del Patrimonio. La Nit del Patrimoni. A Noite do Patrimonio', simultaneamente nas 15 cidades españolas cuxos cascos históricos están declarados Patrimonio Mundial: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/ Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda. Este ano estará estruturada en tres seccións: espectáculos de danza (Escena Patrimonio), portas abertas de monumentos (Aberto Patrimonio), e unha gran oferta de actividades culturais e de ocio nas nosas cidades históricas (Vive Patrimonio).
VIVE PATRIMONIO
Videomapping. PEGADA de Roi Fernández. Proxección sobre a fachada da Zona C. Praza de Cervantes
A fachada da sede da antiga Casa do Concello da Praza de Cervantes será o lenzo sobre o que Roi Fernández (A Coruña, 1979) percorrerá, a través de diferentes composicións abstractas, a pegada do edificio ao longo dos séculos desde a súa orixe como Casa do Concello á actual Zona C. Punto de información cultural. En forma de narración audiovisual, Roi presenta o camiñar como acto transformador da paisaxe e como acto indisociable de Santiago, o concepto de pegada, percorrido ou camiño como acto arquitectónico.
- WEB DO EVENTO