CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
PEE CHAI DAI KA / A USEFUL GHOST / UNHA PANTASMA ÚTIL (2025)
Ratchapoom Boonbunchachoke
Tailandia, Francia, Singapur, Alemaña / 130 min / Ficción / Tailandés
Ficha artística:
Davika Hoorne, Witsarut Himmarat, Apasiri Nitibhon, Wanlop Rungkumjud, Wisarut Homhuan
Ficha técnica:
Guión: Ratchapoom Boonbunchachoke
Fotografía: Pasit Tandaechanurat
Edición: Chonlasit Upanigkit
Produción: Cattleya Paosrijeroen, Soros Sukhum, Karim Aitouna, Zorana Musikic, May Odeh, Cod Satrusayang, Si En Tan
Sinopse:
Tras a morte dun empregado nunha fábrica familiar de electrodomésticos, un fenómeno inexplicable sacode o lugar: os espíritos comezan a posuír os aparellos. Mentres as autoridades preparan o peche da factoría, March, fillo do propietario e afundido pola perda da súa muller embarazada, Nat, descobre que o seu espírito regresou... encarnado nun aspirador. A relación entre ambos renace nunha nova e insólita forma, desafiando a lóxica e a concepción social dos fantasmas. Decidida a ser útil, Nat propón liberar a fábrica das almas errantes que a habitan. Ratchapoom Boonbunchachoke é un cineasta e tailandés que traballa como guionista de televisión. En 2020 escribiu e dirixiu a curtametraxe Red Aninsri; or, Tiptoeing on the Still Trembling Berlin Wall, que destacou en festivais internacionais pola súa estética provocadora e a súa reflexión sobre identidade e a sexualidade. Unha pantasma útil (2025) é a súa primeira longametraxe
Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes 2025