PECHE DE TEMPADA DA RFG: NATUREZA, VIDA & AMOR

DATOS BÁSICOS

Programa de Abono RFG-Auditorio de Galicia 2020/2021

Concerto fin de temporada con Paul Daniel e o trompetista venezolano Pacho Flores, colaborador habitual da Real Filharmonía de Galicia. Pacho interpretará a estrea absoluta da obra “Cabalos máxicos para trompeta e orquestra” que Christian Lindberg compuxo por encargo da RFG, a Bilkent Symphony Orchestra (Turquía) e a Swedish Chamber Orchestra.

Paul Daniel, director
Pacho Flores, trompeta

A. Dvoràk: Abertura Otelo, op. 93, B. 174 (Amor)
C. Lindberg: Cabalos máxicos para trompeta e orquestra [estrea absoluta. Obra encargo RFG / Bilkent Symphony Orchestra (Turquía) / Swedish Chamber Orchestra]
A. Dvoràk: Abertura de No reino da natureza, op. 91, B. 168 (Natureza)
A. Dvoràk: Abertura Carnaval, op. 92, B 169 (Vida)

Duración: 
60 min
Información da billeteira: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

18 euros

(Descontos do 50% para colectivos habituais)

  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 27 Maio, 2021
20:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia