PAVILLÓN LINO
CARAMUXO TEATRO
EscenaGZ
Idades: maiores de 5 anos
Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC
Un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido Pavillón Lino da Coruña, espazo cultural de estética modernista dedicado a todo tipo de actividades artísticas, teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas... Unha trepidante comedia de variedades pola que desfilarán unha morea de pintorescos personaxes: os auténticos autómatas; os monicreques de cachiporra; Monquina "A gorila bailarina" e como non, Charito de Mera e a súa pulga. Un espectáculo cunha coidada posta en escena para gozar en familia. Nomeado a Mellor Espectáculo Infantil nos Premios María Casares 2017.
Autoría e dirección: Laura Sarasola e Juan Rodríguez
Intérpretes: Laura Sarasola, Juan Rodríguez e Xosé Vilarelle
Escenografía e deseño de son: Caramuxo Teatro
Deseño iluminación: Suso Jalda
Vestiario: Soledad Gómez
Música: Caramuxo Teatro
Web: caramuxoteatro.com
Club C!
#PASEA Sábado 16 de febreiro de 12.30 a 14.00 h Itinerario en familia polo modernismo compostelán.
Saída da Gardería Infantil Santa Susana.
Capacidade: 40 persoas entre nenos/as e adultos responsables correspondentes
Inscrición: no mail comunicacion@auditoriodegalicia.org indicando a que actividade queres asitir. A asignación de prazas farase por estrito orde de chegada da solicitude
#OBRADOIROS MULTIPLICA Modernismos, obradoiro dirixido ao público familiar, sábado 16 de febreiro de 16.15 a 18.25 h no Ambigú do Teatro Principal.
Público: familiar, actividade interxeracional
Capacidade: 40 persoas entre nenos/as e adultos responsables correspondentes
Inscrición: no mail comunicacion@auditoriodegalicia.org indicando a que actividade queres asitir. A asignación de prazas farase por estrito orde de chegada da solicitude