PATRIMONIO NACIONAL (1981)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN PARALELA CINEFILIAS: ESPECIAL A TRILOXÍA NACIONAL

PROXECCIÓN DA PELÍCULA E MESA DE DEBATE CON JOSÉ LUIS CASTRO DE PAZ E SANTOS ZUNZUNEGUI

PATRIMONIO NACIONAL (1981) de LUIS GARCÍA BERLANGA

España / 112 min / Ficción / Castelán, francés

Ficha artística

Luis Escobar, José Luis López Vázquez, Amparo Soler Leal, Mary Santpere, Luis Ciges, Alfredo Mayo, Syliane Stella

Ficha técnica

Guión: Rafael Azcona, Luis García Berlanga

Fotografía: Carlos Suárez

Edición: Jose Luis Matesanz

Produción: Alfredo Matas

Segunda entrega da saga dos Leguineche precedida por La Escopeta Nacional e completada con Nacional III. Trala morte de Franco (1975) e a restauración da monarquía, o marqués de Leguineche regresa ao seu palacio de Madrid. Despois de trinta anos de exilio voluntario na súa leira Los Tejadillos, proponse achegarse ao rei para renovar a antiga vida cortesá. Con todo, non lle resulta nada doado acceder á casa real.

A sesión contará cunha mesa de debate na que participan José Luis Castro de Paz e Santos Zunzunegui, coordinadores da obra Furia española. Vida, obra, opiniones y milagros de Luis García Berlanga (1921-2010), cineasta. Ambos os dous catedráticos estarán acompañados por José Manuel Sande, autor xunto a Casimiro Torreiro do estudo Un Berlanga de papel.

Duración: 
112 MIN
Entradas: 

Entrada de balde, previa retirada de convite

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 17 Novembro, 2021
20:00
NUMAX