ELEFANTE ELEGANTE
EscenaGZ
Idades: De 4 a 8 anos
Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC
Patapatúm é un espectáculo na liña do traballo xestual do Elefante Elegante cunha forte compoñente plástica e musical. Propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materias nas relacións entre pais e fillos. As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estruturante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que ese obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para dedicar aos seus fillos.
Autor: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Dirección: María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez
Intérpretes: Agustín Bolaños, María Torres e Gonçalo Guerreiro
Escenografía: Alessia Lombardo
Deseño son: Gonçalo Guerreiro
Deseño iluminación: Nacho Martín
Vestiario: Beatriz Clara
Música: Gueorgui Oganesian, Alberto Grela e Miguel Paz
Web: elefanteelegante.net
Club C!
#CONVERSANDO. Sábado 6 de abril de 12.30 a 14.00 h no ambigú do Teatro Principal, faladoiro baixo o título Crianzas hiperregaladas e síndrome do Emperador arredor dos temas principais do espectáculo, síndromes
que afectan ás crianzas de hoxe en día e que deixan ver unha relación disfuncional entre estas e os seus pais/nais, baseada no material, na falta de escoita e tempo de calidade en familia.
Público: adulto
Ata completar capacidade
#MULTIPLICA Sábado 6 de abril de 16.15 a 18.15 no ambigú do Teatro Principal. Xógase con calquera cousa! Obradoiro de construción de xoguetes con materiais de refugallo
Público: familiar, actividade interxeracional
Número de persoas: 40 entre nenos/as e adultos responsables correspondentes
Inscrición: no mail comunicacion@auditoriodegalicia.org indicando a que actividade queres asitir. A asignación de prazas farase por estrito orde de chegada da solicitude