CINEUROPA · O MUNDO ESTÁ TOLO, TOLO, TOLO, TOLO
PALOMBELLA ROSSA / VASELINA VERMELLA (1989)
Nanni Moretti
Italia, Francia / 89 min / Ficción / Italiano
Ficha artística:
Nanni Moretti, Silvio Orlando, Mariella Valentini, Asia Argento
Ficha técnica:
Guión: Nanni Moretti
Fotografía: Giuseppe Lanci
Edición: Mirco Garrone
Produción: Nella Banfi, Angelo Barbagallo, Nanni Moretti, Cecilia Valmarana
Sinopse:
Unha reflexión sobre a crise da esquerda italiana e, moi especialmente, do PCI, o Partido Comunista Italiano, exposta como unha parábola que ten como detonante un axitado partido de wáter-polo. Por mor dun accidente, o wáter-polista Michele perde a memoria. Durante un partido, uns descoñecidos comezan a presionalo para que lembre o seu pasado. Cando o xogo está a piques de rematar, Michele disponse a lanzar un penalti do que depende o empate para o seu equipo.
Nove candidaturas aos Premios David di Donatello 1990