PALM TREES AND POWER LINES / PALMEIRAS E CABLES DA LUZ

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

NOVOS/AS CINEASTAS

PALM TREES AND POWER LINES / PALMEIRAS E CABLES DA LUZ (2022)

Jamie Dack

EEUU/ 110 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Lily McInerny, Jonathan Tucker, Gretchen Mol

Ficha técnica:

Guión: Jamie Dack, Audrey Findlay.

Fotografía: Chananun Chotrungroj

Edición: Christopher Radcliff

Produción: Fiesta Island Films, Neon Heart Productions

Sinopse:

Lea, de dezasete anos, pasa as súas vacacións de verán sen máis plan ca o de se broncear coa súa mellor amiga no xardín traseiro da súa casa, mentres intenta non involucrarse nos problemas da súa angustiada nai e consumir drogas cun grupo de mozos da súa escola. Esta monotonía vese interrompida por un encontro casual con Tom, un home maior que promete unha alternativa á insatisfactoria vida adolescente de Lea. A moza cae rendida ante o encanto carismático de Tom, que exerce sobre ela un control crecente que a vai illando do seu círculo habitual. Lea non tarda en descubrir que as intencións dese home non son o que parecen.

Jamie Dack (Brooklyn, Nova York). Recibiu o seu mestrado en Belas artes do programa de posgrao en cinema da Escola Tisch da Universidade de Nova York. Comezou como guionista e directora facendo curtametraxes, entre elas Palm trees and power lines, que se estreou no Festival de Cinema de Cannes do 2018 como unha selección de Cinéfondation. A súa primeira longametraxe do mesmo título foi adaptada da súa curtametraxe tres anos despois.

Premio á mellor dirección no Festival de Sundance 2022

Duración: 
110 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Luns, 14 Novembro, 2022
19:00
Teatro Principal
Mércores, 16 Novembro, 2022
22:15
Salón Teatro
MULTIMEDIA

Palm Trees and Power Lines