DOCS CINEUROPA
LUN 9, 18:00 | NUMAX
MER 11, 16:30 | NUMAX
Manuel Menchón
España / 93 min. / Documental / Español
Ficha artística:
Antonio de la Torre, José Sacristán, Marian
Álvarez, Víctor Clavijo, Andrés Gertrúdix,
Miguel Cubero, Vicente León, Ramón Mayrata
Ficha técnica:
Guión: Manuel Menchón
Fotografía: Javier Calvo
Edición: Renato Sanjuán
Produción: Pantalla Partida Producciones,
Imagine! Factory Films, Televisión Española (TVE)
No nacemento da Segunda República, Miguel de Unamuno é considerado unha das pedras fundacionais do novo réxime. É proposto mesmo para presidir a República. Só 5 anos máis tarde, Unamuno será enterrado, con honras falanxistas. Palabraspara un fin do mundo é unha minuciosa, prolongada e decisiva investigación. Novas probas e documentos inéditos verán a luz 84 anos despois para coñecer, con rigor histórico, as palabras e os feitos protagonizados por Unamuno e Millán-Astray aquel 12 de outubro de 1936.
Manuel Menchón
(Málaga, 1977)
Director e guionista español que combina tanto o documental como a ficción. No 2008 dirixe o seu primeiro documental, Malta Radio. E no 2016 firma a súa primeira longametraxe La isla del viento.
TRAS A PROXECCIÓN HABERÁ COLOQUIO COA EQUIPA DO FILME