A primeira sesión da sección 'A palabra percórreme a pel como beliscos de lume' reúne as intervencións de Karima Zial, Mohamad, Hekim Sefkán, Samuel Merino, Hasmik Simonian, Nigar Arif, Zahara El Hasnaui, Tal Nitzan e Isabel Martín.
KARIMA ZIALI (Beni Sidel, Marrocos, 1986) é licenciada en Filosofía pola Universidade de Barcelona e dedicouse á docencia en Secundaria. Unha vez obtido o Máster en Investigación Antropolóxica pola UNED, instalouse en Granada para realizar o doutoramento en estudos Migratorios na UGR. Publica habitualmente na columna “El sexo del iIslam” da revista Contextos. Ademais de poeta é narradora. Una oración sin Dios (Ed. Esdrújula, 2023) é a súa primeira novela.
MOHAMAD BITARI (Damasco, 1990) é poeta, dramaturgo, editor e periodista. Naceu no campo Alyarmuk de pais palestinos refuxiados en Siria. Exilado político en España desde o ano 2014. Traduciu obras de Lorca, Alberti, Miguel Hernández, Martí i Pol ou Maria Mercè Marçal. Como editor independiente, coordinou a antoloxía poética Jo soc vosaltres. Sis poetes de Síria, publicada por Godall Edicions, Pol·len edicions e So de Pau. Tamén participou na edición do libro Palestina. Arte y resistencia en Nayi Al-Ali, publicado por Ediciones del Oriente y del Mediterráneo. Fundou Èter Edicions, coa que publicou as traducións ao catalán La tragèdia d’en Saied Mattar, de Majd Kayyal; Si fossin nens suecs, d’Elisabeth hultcrantz; e Panorama de mort i desolació, de Rasha Omran. Como dramaturgo, traballou nos proxectos Habibti Rja’l Al-Tajet, de Greg Kalleres (2012) e El dictador, de Issam Mahfouz (2013), ambos proxectos presentados no Babel eatre de Beirut e dirixidos por Lina Abyad. Participou como cocreador nos espectáculos Sous la plage (2016) con Marc Villanueva e presentado na Sala Beckett, o Festival Grec e o Frankfurter Lab 2016-2017; e na escrita de Síndrome de Gel, xunto con Clàudia Cedó, dirixido por Xicu Masó e presentada en el Teatre Lliure de Gràcia (2022).
A familia de HEKIM SEFKÁN (Rojava, 1970) emigrou desde o norte de Kurdistán, a rexión de Mardin e Rojava. Deixou a escola de Pedagoxía no último curso e mudouse a Europa, onde continuou activamente o seu labor artístico e literario, tanto como actor de teatro e como guionista. Participou no grupo musical de resistencia Koma Berxwedan, para o que compuxo numerosas cancións. Ademais de colaborar en diversas revistas e periódicos, presentou ou preparou programas para distintas televisións kurdas. Ata agora, 170 dos seus poemas ou cancións foron interpretados por diferentes artistas kurdos. Publicou tamén dous libros de poemas, titulados Bistiketk tije sal e Comendo sombras. Nestes momentos, están a punto de aparecer o libro Guzek Stran, que inclúe boa parte das súas cancións, e o libro de contos Dema ji xwe xeydim.
SAMUEL MERINO (Mos, 1982) é un creador que desenvolve o seu labor arredor dunha poética que leveda na súa formación filosófica (é licenciado en Filosofía pola USC) e mais a súa experiencia nas artes escénicas. A súa obra, de carácter reflexivo e autorreferencial, adoita tomar corpo na oralidade secundaria dos recitais e en breves presentacións que transitan entre o teatro e a performance, como Mudar a pel (2018) e Vida útil da porcelana, xunto a Silvia Penas (2023). Con esta última obra gañaron o II Premio de Pezas dun teatro dun Porvir Galiza- Portugal. Publicou os poemarios Guantanamera. Poema nun só acto (Urutau 2021), Con esta hoz / Con esta fouce (Disbauxa 2023) e Claustro Corda Comensal (Galaxia 2023).
HASMIK SIMONIAN (Ereván, Armenia, 1987) é autora dos poemarios Palabras Sonámbulas (2005) e Cuartos aillados (2010). Coautora da serie de libros de non ficción Mulleres que cambiaron o mundo, Simonian tamén gañou o Premio Presidencial da Xuventude de Armenia en Literatura ou o premio Be Heard da Fundación Calouste Gulbenkian. Desde 2007 é membro da Unión de Escritores de Armenia. É a cofundadora e presidenta da ONG Cultural-Educativa Text Platform, editora xefa do sitio web textplatform.org. Ademais de fundadora e directora da editora de poesía Kokordilos.
NIGAR ARIF naceu en Acerbaixán (1993). estudou na universidade Pedagóxica Estatal, na Facultade de Inglés, e graduouse na III Escola de Escritores Xuvenís da Azerbaijan Writers' Union. É membro da Unión Mundial de Escritores Novos Turcos, da Unión Internacional de Escritores en Kirguizistán, da Unión de Escritores de Asia Central e do Foro Internacional para a Creatividade e a Humanidade en Marrocos. Un dos seus libros, e Room of Memories, foi publicado en irán en árabe ABC e outro, Human's Rain, en azerbaixano. Os seus poemas foron traducidos parcialmente ao inglés, turco, ruso, persa, chinés, portugués, español, árabe, indio ou urdu.
ISABEL MARTÍN criouse na Punta del Moral, na illa Canela, entre o Guadiana e o Río Carreras. Unha illa tomada polo turismo máis depredador que marca a poética desta poeta onubense. dDespois de recitar nalgúns dos festivais importantes de España, en 2018 publicou o seu primeiro poemario, 90.3 de vaciante. Desde 2020 o seu poema Lo normal forma parte do Carol Iglesias Espazioa do Itsas Museum de Bilbao. en 2021 escribe a guía pedagóxica Cómo hacer letrillas para La aventura de aprender (Ministerio de Educación) e edita o seu segundo poemario Una cosa es una cosa y otra cosa es otra cosa.
>>> Programa do Alguén que respira!
>>> Todos os eventos do Alguén que respira!