CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
PAI NOSSO. OS ÚLTIMOS DIAS DE SALAZAR (2025)
José Filipe Costa
Portugal / 112 min / Ficción / Portugués
Ficha artística:
Jorge Mota, Catarina Avelar, Vera Barreto
Ficha técnica:
Guión: José Filipe Costa, Letícia Simões, Daniel Tavares de Oliveira
Fotografía: Vasco Viana
Edición: João Braz
Produción: Filipa Reis
Sinopse:
Portugal, 1968. O ditador António de Oliveira Salazar cae da cadeira e sofre un derrame cerebral. Ao regresar ao seu palacio para recuperarse, xa non é presidente, mais ninguén lle revela a verdade: nin a súa fiel gobernanta, nin as criadas, nin o médico que o atende. Illado e atrapado entre a enfermidade e o delirio, Salazar aférrase á idea do poder, mentres a fronteira entre a realidade e a alucinación se esvae. Quere vencer á morte ou simplemente perpetuar a súa propia ilusión de autoridade?
José Filipe Costa é cineasta e docente. Doutorouse no Royal College of Art de Londres. A súa primeira longametraxe, Un pracer, camaradas!, estreouse en Locarno en 2019. Tamén dirixiu Liña vermella (2011) e Entre muros (2002). As súas películas foron seleccionadas en numerosos festivais internacionais, como Locarno, BFI London, Hot Docs, Viennale, Cinéma du Réel, IndieLisboa e Doclisboa. Alén da súa traxectoria como realizador, foi profesor visitante na Universidade Estatal de Río de Xaneiro en 2013 e impartiu docencia no IADE, ETIC, Instituto Politécnico de Tomar e no programa DocNomads de dirección de cinema documental (Erasmus Mundus).
Preestrea en BAFICI