PADRENOSTRO (2020)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN EUROPEA

LUN 16, 17:00 | TEATRO PRINCIPAL

XOV 19, 20:00 | NUMAX

 

Claudio Noce

Italia / 122 min. / Ficción / Italiano

Ficha artística:

Pierfrancesco Favino, Mattia Garaci, Barbara Ronchi, Francesco Gheghi, Francesco Colella, Antonio Gerardi
Ficha técnica:

Guión: Enrico Audenino, Claudio Noce Fotografía: Michele D’Attanasio Edición: Giogiò Franchini
Produción: Paki Meduri

2020: Copa Volpi ao mellor actor (Pierfrancesco Favino) no Festival de Venecia

Roma, 1976. Valerio ten dez anos e unha imaxinación viva. A súa vida de neno dá un envorco cando, coa súa nai Gina, é testemuña dun ataque terrorista perpetrado contra o seu pai. A partir dese momento, o medo e a sensación de vulnerabilidade deixan unha marca dramática nos sentimentos de toda a familia. Neses días difíciles, Valerio coñece a Christian, un mozo non moito maior que el, solitario, rebelde e descarado, que parece chegar da nada. Ese encontro, nun verán cheo de descubrimentos, cambiará as súas vidas para sempre.

Claudio Noce

(Roma, Italia, 1975)
A principios da década de 2000 realiza as súas primeiras curtas documentais e videoclips. En 2009 pasou a dirixir a súa ópera prima, Good morning, Aman, presentada en competición na Semana da Crítica do 66o Festival de Venecia. En 2014 chamou a atención da crítica internacional co thriller A foresta dei ghiaccio, protagonizado por Emir Kusturica. Padrenostro é a súa terceira longametraxe.

Duración: 
122 MIN
Entradas: 
  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Luns, 16 Novembro, 2020
17:00
Teatro Principal
Xoves, 19 Novembro, 2020
20:00
NUMAX