PACIFIC HEIGHTS/ DE SÚPETO, UN EXTRAÑO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

AS INMORTAIS DE HITCHCOCK

PACIFIC HEIGHTS / DE SÚPETO, UN ESTRAÑO (1990)

John Schlesinger

Estados Unidos / 102 min / Inglés

Ficha artística:

Melanie Griffith, Matthew Modine, Michael Keaton, Mako, Nobu McCarthy, Dorian Harewood, Luca Bercovici, Tippi Hedren

Ficha técnica:

Guión: Daniel Pyne

Fotografía: Amir Mokri

Edición: Steven Ramirez e Mark Warner

Produción: Scott Rudin, William Sackheim, James G. Robinson, Joe Roth, Gary Barber, Dennis E. Jones e David Nicksay

Sinopse:

Patty e Drake, unha parella de San Francisco, compran e restauran unha antiga casa vitoriana e, para para facer fronte á hipoteca, alugan os apartamentos da planta baixa. Todo parece ir ben ata que Carter Hayes, un inquilino aparentemente modélico, axiña comeza a incumprir os pagos e a provocar danos na vivenda. Aproveitándose das leis que protexen os arrendatarios, Hayes emprende unha calculada estratexia para arruinar a parella e facerse coa casa. A medida que a situación se volve máis perigosa, Patty e Drake ven como se esborralla a súa estabilidade económica e a súa relación.

 

Duración: 
102 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal


ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Domingo, 8 Novembro, 2026
18:15
NUMAX
MULTIMEDIA