PÚLSAR 1

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

PÚLSAR 1

Un púlsar é unha pequena estrela de neutróns cun intenso campo magnético que emite pulsos a intervalos regulares. Curtocircuíto ten a misión de detectar e programar a autores e autoras emerxentes cun traballo sólido que xa delaten unha mirada e unha linguaxe propias. Púlsar é enerxía, novidade e risco.

Andrew Norman Wilson

Andrew Norman Wilson é un artista e director residente en Los Ángeles. Participou en festivais como Sundance, o Festival de Cinema de Nova York e Róterdan. A súa obra encóntrase en coleccións como a do Museo de Arte Moderna de Nova York, o Museo Whitney de Arte Americana e o Centro Pompidou, e ten exposto no LUMA de Arles, no MoMA PS1 e nas Bienais de Gwangju e Berlín. Foi profesor na UCLA, no SAIC e na Cooper Union, e conferenciante nas universidades de Oxford, Cambridge, Harvard e Yale. A súa obra ten aparecido en Artforum, ArtReview, BOMB, Frieze, The New Yorker e Wired, e os seus artigos en Artforum, e-flux e Paris Review.

O imitador

Andrew Norman Wilson | 2022 | 17:53 | EEUU | FIC | COR

Un imitador de personaxes gaña a vida a duras penas fotografiándose con turistas no boulevard de Hollywood, disfrazado cun traxe irrecoñecible. Un día, na volta ao campamento á beira do río onde vive, atopa a policía confiscando a súa tenda. Desorientado e sen obxectivos, e a medida que vai perdendo cada vez máis o contacto coa realidade por mor do podcast conspiratorio que escoita, o imitador afúndese cada vez máis no mundo de fantasía do seu personaxe.

Estrea en España

O persoal de Googleplex sae do traballo

Andrew Norman Wilson | 2011 | 11:03 | EEUU | FIC | COR

O persoal de Googleplex sae do traballo céntrase nunha categoría de persoal marxinalizada e de alto secreto na sede internacional de Google en Silicon Valley. O vídeo, ao tempo que documenta a saída do traballo do persoal de ScanOps de Google Books, que porta insignias amarelas, relata as complexidades do meu despido da empresa. A referencia ao filme de 1895 dos irmáns Lumière Os traballadores de Lumière saen da fábrica en Lyonsitúa o traballo dentro da historia do cinema, suxerindo á vez transformacións e continuidades nos acordos entre capital, traballo, información e medios de comunicación.

Kodak

Andrew Norman Wilson | 2019 | 33:00 | EEUU | FIC | COR

Rich, o protagonista deste filme, é unha combinación do meu pai e dun personaxe imaxinario. Traballa para Kodak procesando películas ata que un accidente laboral o deixa cego. Logo disto, comeza a traballar na escuridade, empaquetando películas xunto con outros empregados cegos de Kodak, ata que son despedidos cando a empresa afunde. Cando nos reunimos con el, Rich leva desempregado dez anos, e parece estar perdendo gradualmente as facultades mentais. Pasa os días na biblioteca pública de Rochester, revisando copias das gravacións que George Eastman, fundador de Kodak, fixo en 1930, no final da súa vida. A historia cóntase dende o punto de vista de Rich.

Duración: 
60 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349
  • Numax: Entradas só para as proxeccións que teñan lugar nesta sala. Horario: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. Se hai proxección fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio. Teléfono: 981 560 250

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 7 Outubro, 2022
19:45
NUMAX