ATAQUE ESCAMPE E GRANDE AMORE
MÚSICA · CICLO FIESTRA ABERTA
Outros corpos é o proxecto compartido de Grande Amore e Ataque Escampe, un disco e un espectáculo especial e único no que cada banda versiona cancións da outra desde a súa propia identidade sonora. A súa presentación en directo terá lugar o domingo 25 de outubro de 2026 no Auditorio de Galicia, nun concerto dobre que celebra o diálogo creativo entre dous dos nomes máis singulares da música galega actual.
[Imaxe: Prenom]