FESTIVAL C 2021
POEMAS NO ESTÍO
Escalinata Paseo da Ferradura
_Ourografías: Scène 1_
Poesía e cerámica na acción de Helena Salgueiro e Verónica Moar.
_Ourografías: Scène 1_ é un estudo performativo arredor do son, o movemento e a materialidade da voz poética, unha coreografía coa palabra intervida no espazo como pedra angular. Unha posta en acción de Helena Salgueiro e Verónica Moar nun mapa arquitectónico onde o corpo, a poesía e a cerámica debuxan unha liña temporal e sonora.