VOADORA
Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano se namoran. Porén, contra o final do texto, ela morre asasinada por el. Othello é, asemade, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Unha mentira que, á súa vez, xorde da inseguridade e da crenza de entender, como propio, o que non se pode posuír. #BlackLivesMatter, #NiUnaMenos, #Posverdad e #FakeNews danse cita nunha historia escrita hai máis de 400 anos, pero que hoxe en día resulta próxima no tempo: en España, desde o ano 2013, morreron 1.053 mulleres asasinadas pola violencia machista.
Esta nova versión, nova visión que se constrúe coa apertura do espazo íntimo, as conversas e accións do universo feminino a través dos personaxes de Desdémona, Emilia e Bianca. Utilizando a comedia como xerador de discurso sobre a dor e a rabia, preguntámonos que podemos facer, desde o noso presente, para deter o tempo no relato. Xusto aquí:
Non hai tempo, é tarde (estrangúlaa)
Othello, Acto V.ii
Deter o tempo e volver sobre os pasos da historia para entender como chegou até ese punto. Detelo e propor ao público un debate arredor da construción do xénero, a percepción dun-ha mesmo-a e as relacións, e a propia estrutura, do sistema patriarcal.
Dirección: Marta Pazos
Texto: William Shakespeare
Versión: Fernando Epelde
Reparto: Diego Anido, Pablo Chaves, Ana Esmith, Chumo Mata, Hugo Torres e María Vázquez
Iluminación: Nuno Meira
Espazo escénico: Marta Pazos
Vestiario: Silvia Delagneau
Música orixinal: Hugo Torres
Coreografía: María Cabeza de Vaca
Traballo de palabra: Miguel Cubero
Axudante de dirección: Lucía Díaz-Tejeiro
Axudante de escenografía: Pablo Chaves Maza
Axudante de produción: Vicente Conde
Xefa de produción: Montse Triola
Produción artística: Jose Díaz
#posfunción: o día 26 de marzo ao remate do espectáculo
Idade recomendada: > 16
Lingua: galego
© imaxe: Estrella Melero