OS SENTEITO

DATOS BÁSICOS

CARAMUXO TEATRO
Idade recomendada:a partir de 4 anos
Duración: 40 min 
Lingua: galego

A Tropa C na Casa

Os Senteito é o novo espectáculo de Caramuxo Teatro, unha comedia con máscaras e sen texto que aborda a importancia da convivencia entre diferentes e o dereito á vivenda. 
O señor Senteito vive nun pequeno contedor nunha pequena parcela do seu mundo vendo o día a día pasar. A súa rutina, aparentemente tranquila e ordenada, cambia coa chegada da señora Senteito. O encontro entre ambos dará lugar a situacións cómicas e inesperadas nas que descubrirán que compartir un espazo tamén significa aprender a convivir, aceptar as diferenzas e buscar novas formas de relacionarse. 
Ao longo da súa traxectoria, Caramuxo Teatro desenvolveu unha liña específica de creación de espectáculos para bebés e público familiar, combinando diferentes linguaxes escénicas como o teatro de actor, os títeres, as máscaras e a danza. As súas creacións caracterízanse polo seu carácter poético e visual e polo compromiso cun teatro de calidade para os máis novos, incorporando tamén unha dimensión cultural e didáctica que favorece o achegamento e a fidelización do público.


 

Duración: 
40 min (aprox.)
Acceso: 
  • De balde ata completar capacidade

 

Info práctica: 
Domingo, 14 Marzo, 2027
18:00
Casa das Máquinas