A mostra Nunca deixará de chover no meu cinema. 30 anos de filmes de Zarauza inclúe no mes de maio actividades complementarias para afondar na ollada e a traxectoria do guionista, director e produtor compostelán.
O sábado 31 de maio, a Zona C servirá de escenario para a lectura de textos e poemas do cineasta cos que coñecer outra póla creativa deste polifacético autor. Na voz do propio Zarauza e do actor Adrián Ríos.
O acceso é de balde até completar a capacidade da sala.