OS D'ABAIXO PRESENTAN 'SOMOS A PEDRA'

DATOS BÁSICOS

Os d’Abaixo aparecen no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición.

Pretenden ofrecer unha escolma de música cargada de forza e enerxía que leve ao baile e á foliada ao xeito de antes. Son un gupo no que se atopa xente que toca por afección e leva toda a vida vencellada ao folclore galego, xunto a músicos profesionais de gran traxectoria en bandas como Berrogüetto ou Fía na Roca.

Os d'Abaixo despiden o 2021 coa presentación do seu novo traballo "Somos a pedra". Nesta ocasión, a liña tradicional que os caracteriza fusiónase, máis ca nunca, con aires novos de composicións propias. Será o preludio dun ano 2022, que esperan veña cheo de música e baile, e no que Os d'Abaixo percorrerán os palcos con este novo espectáculo.

Un espectáculo dirixido a todos os públicos.

Duración: 
75 MIN
Entradas: 
  • VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS 29 DE NOVEMBRO_11.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349
    • (Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 17 Decembro, 2021
20:30
Teatro Principal