OS CONTOS DO LOBICÁN

DATOS BÁSICOS

REDRUM TEATRO

MONICREQUES

 

SALA MOZART. AUDITORIO DE GALICIA

 

Idade recomendada: Infantil, 1º e 2º Primaria

Duración: 50 min

Lingua: Galego

 

“Os contos do Lobicán” é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación. O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022 e gañador do Premio ao Mellor Espectáculo de monicreques nos XXIX Premios de Teatro María Casares. O espectáculo está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a trasmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, a función convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.

Duración: 
50 min
Acceso: 

Entrada gratuíta, previa reserva a través do formulario que poderá atopar no seguinte enlace: https://www.compostelacultura.gal/programadidactico

DATAS DE ENVÍO DAS SOLICITUDES:

• Centro de ensino de Santiago de Compostela: dende o martes, 23 de setembro ás 8:30 h

• Centro de ensino do resto de Galicia: dende o mércores, 24 setembro ás 8:30 h

 

Só para centros de ensino

Info práctica: 
Luns, 23 Marzo, 2026
10:00
Teatro Principal
Luns, 23 Marzo, 2026
12:00
Teatro Principal
Martes, 24 Marzo, 2026
10:00
Teatro Principal
Martes, 24 Marzo, 2026
12:00
Teatro Principal