OPERA BREAK´S / VELLA ESCOLA

Praza de Mazarelos
DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 2021

Opera Break’s

Vella Escola

 

Idade recomendada: todos os públicos

Duración: 45 min

 

Opera Break´s é un espectáculo que mestura Ópera, Breakdance, Beatbox e Dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola. Contan unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompen as barreiras do clásico e do urbano, fusionándose nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode suceder... Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?

Duración: 
45 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: XOVES 29 DE XULLO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Teléfono 981 542 462 (HORARIO DE AGOSTO: de martes a sábado, de 11 a 14 h)
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 17 Agosto, 2021
20:00
Praza de Mazarelos