CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA· BRANDO FAI CEN ANOS. O ACTOR’S STUDIO, DEUSES E MONSTROS NA REVOLUCIÓN DAS EMOCIÓNS
ONE-EYED JACKS / O ROSTRO IMPENETRABLE (1961)
Marlon Brando
Estados Unidos / 141 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Marlon Brando, Karl Malden, Katy Jurado, Ben Johnson, Pina Pellicer
Ficha técnica:
Guión: Guy Trosper e Calder Willingham. Baseado nunha obra de Charles Neider
Fotografía: Charles Lang
Edición: Archie Marshek
Produción: Frank P. Rosenberg
Sinopse:
Tras o atraco a un banco fronteirizo, Johnny Rio é traizoado por Dad, o seu mellor amigo e compañeiro de falcatruadas. Arrestado pola policía mexicana, bota cinco amargos anos no cárcere de Sonora, onde vive obsesionado coa idea de vingarse. Tras ser posto en liberdade, visita a Dad, que se converteu nun home respectable e é o sheriff de Monterrey. Cando Dad lle presenta a súa fillastra Louisa, Johnny queda namorado da súa beleza e sedúcea.
Concha de Ouro e premio á mellor actriz (Pina Pellicer) no Festival de San Sebastián 1961