SECCIÓN: 100 ANOS DE CINE ROMANÉS
Dirección: Cristian Mungiu
Romanía / 2002 / Longametraxe / Ficción / Romanés
Ficha artística
Tania Popa, Alexandru Papadopol, Coca Bloos, Dorel Vişan.
Ficha técnica
Guión: Cristian Mungiu.
Fotografía: Vivi Drăgan-Vasile.
Edición: Nita Chivulescu.
Produción: Hubert Bals Fund / McCann Advertising / Temple Film.
Sinopse
Occidente sitúanos no contexto da migración romanesa a Europa Occidental. Divídese en tres partes que se mesturan entre si: unha parella que non atopa nin traballo nin vivenda e decide emigrar; unha nai, cuxa filla foi plantada no altar e quere que a moza case cun home de boa posición, aínda que para iso teña que emigrar; e un coronel da policía que recibe a visita dun mozo que emigrou a Alemaña máis dunha década antes.
Premios
- Candidata aos Premios Cámara de Ouro e CICAE en Cannes 2002.