Observatorio de ideas e textos de literatura e astronomía, con Estíbaliz Espinosa
Do 13 de xuño ao 1 de agosto de 2026
Zona C, Observatorio Astronómico Ramón María Aller e Libraría Pedreira
Inscrición gratuíta
O Observatorio de ideas e textos de literatura e astronomía propón un espazo para mirar, ler en voz alta, escoitar música, debater, crear, preguntar e entender a relación entre a mecánica celeste e a literatura. No ano da eclipse total en Galicia, este ciclo de encontros explora a fronteira entre dúas formas de mirar o universo: a científica e a poética.
A eclipse será o fío condutor dun percorrido que irá dos mitos solares á historia da astronomía e da poesía cósmica, pasando pola relación entre imaxinación científica e creación literaria. Desde Safo de Lesbos e Hiparco de Nicea até Antonia Ferrín e Ramón María Aller; desde as táboas babilónicas até os versos de Emily Dickinson, Rosalía, Luísa Villalta ou Wisława Szymborska, o obradoiro parte dun mesmo xesto primitivo: poñer nome ao que nos sobrecolle.
A actividade estará conducida por Estíbaliz Espinosa e contará con 8 sesións de 3 horas. Hai un total de 20 prazas, dirixidas a persoas maiores de 18 anos.
A inscrición é gratuíta e realizarase mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando nome, apelidos e o nome do obradoiro.
Unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co apoio do Concello de Santiago de Compostela.
Calendario
Zona C. Punto de Información Cultural
Rúa do Preguntoiro, 1. Praza de Cervantes
- Sábado 13 de xuño, de 11.00 a 14.00 h
- Sábado 20 de xuño, de 11.00 a 14.00 h
- Mércores 8 de xullo, de 16.00 a 19.00 h
- Sábado 11 de xullo, de 11.00 a 14.00 h
- Mércores 15 de xullo, de 16.00 a 19.00 h
- Sábado 18 de xullo, de 11.00 a 14.00 h
Observatorio Astronómico Ramón María Aller
Avenida das Ciencias. Campus Vida
- Mércores 22 de xullo, de 19.30 a 22.30 h
Libraría Pedreira
Rúa do Home Santo, 55, baixo
- Sábado 1 de agosto, de 11.00 a 14.00 h