Co taller de construción de xoguetes con materiais de refugallo. a compañía Elefanta Elegante propón dúas horas para a creatividade, coa idea da creación de materiais de xogo con calquera cousa que poidamos atopar pola casa, construíndo entre todos/as e dando importancia ao enxeño por riba do deseño.
Sábado 6 de abril
de 16.15 a 18.15 h.
Ambigú do Teatro Principal
Público ao que se dirixe: Público familiar, actividade interxeracional
Número de persoas: 40 entre nenos/as e adultos responsables correspondentes
Inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org. A asignación de prazas farae por estrito orde de chegada de solicitude
___
Club C!
Afonda na experiencia cultural de Compostela
De que se trata
O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.
Entre as diferentes propostas están os #OBRADOIROS MULTIPLICA, unha batería de obradoiros participativos para expandir as posibilidades temáticas, relacionais e de contextualización dos espectáculos aos que se adscriben.