OBRADOIRO DE CURADURÍA FÍLMICA CON VALENTINA OTORMIN DALL'OGLIO

Zona "C"
DATOS BÁSICOS

Profesionais da programación de festivais de cinema e salas de cine-arte enfróntanse decote coa pregunta “que programar?”, pero, sobre todo, coa cuestión máis importante: “por que programar?” O cinema non acontece no baleiro e é unha ferramenta de comunicación privilexiada para abordar temas culturais, políticos e sociais que nos importan como sociedade.

Neste obradoiro a cargo de Valentina Otormin Dall'Oglio abordaranse os problemas e desafíos á hora de ensamblar unha programación relevante sen deixar de lado outros aspectos fundamentais da arte cinematográfica.

A actividade desenvolverase o xoves 23 ás 11 horas na Zona C. Para participar nela é necesario cumprimentar un formulario de inscrición. As 20 prazas dispoñibles cubriranse por orde de rexistro.

Valentina Otormin Dall'Oglio traballa como programadora da Sección Longametraxes de Ficción no Festival Biarritz Amérique Latine e tamén como coordinadora do festival de cinema europeo ArteKino, organizado por Arte France Cinéma.

 

Entradas: 
  • Actividade de balde, previo rexistro neste formulario
  • As 20 prazas dispoñibles iranse cubrindo por estrita orde de inscrición.
  • O prazo remata o mércores 22 ás 15 horas
Funcións: 
Xoves, 23 Novembro, 2023
11:00
Zona "C"