Obradoiro de creación literaria As Compostelas que hai en min, con Daniel Asorey
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración co Concello de Santiago, organiza o obradoiro de creación literaria As Compostelas que hai en min, impartido por Daniel Asorey no marco da Escola de Escritoræs da AELG.
Esta proposta convida a descubrir Santiago como territorio literario, emocional e simbólico. A través de diferentes dinámicas de observación e escritura, exploraranse as múltiples capas da cidade e abriremos novas vías para a creación persoal.
Que faremos?
– Explorar a cidade como espazo literario e simbólico.
– Fomentar a escrita creativa a partir da observación urbana.
– Descubrir as “cidades ocultas” que se agochan en Santiago: memoria, emoción, lenda, soños, utopía ou abandono.
– Crear textos literarios inspirados na cidade e nas miradas individuais de cada participante.
Duración
O obradoiro terá 4 sesións de 2 horas e media cada unha.
Datas
– Martes 18 de novembro, de 16.30 a 19.00 h.
– Sábado 22 de novembro, de 11.30 a 14.00 h.
– Martes 25 de novembro, de 16.30 a 19.00 h.
– Sábado 29 de novembro, de 11.30 a 14.00 h.
Prazas e inscrición
O número máximo de participantes é de 15 persoas maiores de 18 anos.
A inscrición é gratuíta e debe realizarse enviando un correo a oficina@aelg.org