Portada
Música
Escena
Visual
Cinema
Familia
Didáctica
Letras
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Cineuropa
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
TEMPADA «MEMORIA» · CONCERTOS FÓRA DE ABONO
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Ben Voce, director Magnus Lindberg, profesor de composición
PROGRAMA
Obras resultantes do obradoiro
Fiel á súa aposta pola creación contemporánea e polo impulso ás novas xeracións de compositoras e compositores, a Real Filharmonía de Galicia convoca a cuarta edición do Obradoiro de Composición RFG / RESIS.LAB. Esta consolidada iniciativa en alianza co Festival RESIS, ofrece a novos talentos a oportunidade excepcional de traballar durante unha semana cunha orquestra profesional, nun contexto de experimentación, diálogo e intercambio artístico. Baixo a dirección de Ben Voce e coa titoría do recoñecido compositor Magnus Lindberg, o obradoiro abrirá en outubro unha nova convocatoria internacional. De entre todas as partituras recibidas seleccionaranse seis obras, que serán traballadas en sesións de ensaio coa orquestra e presentadas finalmente nun concerto público e de balde. Para a Real Filharmonía de Galicia, esta iniciativa representa non só un espazo de formación e acompañamento artístico, senón tamén unha oportunidade privilexiada para descubrir novas voces e contribuír activamente ao futuro da creación musical contemporánea. Unha das experiencias máis estimulantes da tempada.
En colaboración con
Acceso libre ata completar capacidade