O SILENCIO HERDADO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

O SILENCIO HERDADO (2025) + PRESENTACIÓN

Lucía Dapena

España / 83 min / Documental / Galego, castelán

Ficha técnica:

Guión: Lucía Dapena, Liliana Díaz Castillo

Fotografía: Lucía C. Pan, Lucía Dapena 

Edición: Juan Soto Taborda, Liliana Díaz Castillo

Produción: Lucía Dapena, Paulina Martinez, Matheus Mello, Suso López

Sinopse:

Como falar do que non se conta? Lucía achégase á súa avoa Edilia na procura de respostas, mais só atopa silencio. Un silencio denso, doloroso, imposible de romper. Cando comprende que Edilia nunca lle dará as respostas que busca, ambas exploran os límites da palabra e da imaxe, convertendo ese silencio no seu lugar de encontro.

Lucía Dapena é unha cineasta galega especializada en cinema documental, formada na Universidade Pompeu Fabra. É cofundadora de La Selva. Ecosistema Creatiu, plataforma dedicada á creación e produción audiovisual. Como directora e guionista, participou no filme colectivo Disonar (2022), proxectado en certames como a Biennal del Pensament e a Mostra de Films de Dones de Barcelona ou MIDBO. É tamén coguionista da longametraxe On eres quan hi eres?, dirixida por Jana Montllor.

 

Premio ao Mellor Guión no Ourense Film Festival (OUFF) 2025

 

Duración: 
83 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.  
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 16 Novembro, 2025
16:00
NUMAX
MULTIMEDIA