O QUE NON SE VE · OUTRAS MIRADAS

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 

ARTES ESCÉNICAS · DANZA

ET SUSEIA DANZA

Idade recomendada: Todos os públicos

Duración: 50 min

A través da fusión entre danza tradicional galega e contemporánea, O que non se ve: outras miradas explora as múltiples formas de sentir, habitar e expresar o invisible dos micro-machismos que habitan na nosa sociedade. Propón unha mirada colectiva, onde diferentes bailadores e bailadoras constrúen un relato compartido sobre a identidade, a emoción e as realidades que non sempre se amosan. Unha peza que dialoga co pasado e o presente para dar voz ao que permanece oculto, abrindo espazo a novas interpretacións e experiencias.

Cunha sinxela escenografía, créase un espazo sagrado, un ritual que erixe un círculo de memoria e resistencia. As columnas, muros e pedestais actúan como testemuñas silenciosas das historias invisibles das mulleres, unha mulleraxe profunda ás que foron, ás que son e ás virán. A intención é crear un altar contemporáneo, un espazo onde a danza e a memoria se entrelazan para reivindicar a presenza e o legado das mulleres.

Duración: 
50 min (aprox)
Acceso: 

Acceso libre ata completar capacidade

Info práctica: 
Luns, 3 Agosto, 2026
20:00
Casa das Máquinas