O QUE NON SE ESCRIBE·L-R

DATOS BÁSICOS

Da tradición musical asturiana ao rock e o blues, da investigación etnográfica á improvisación instrumental, L-R, o dúo formado por Leticia González e Rubén Bada, é un dos proxectos máis persoais da escena folk actual. O seu “post-folk asturianu”, como elas mesmas definen o seu estilo, baséase no folclore da súa terra, unindo con naturalidade as pandeiretas e ás guitarras eléctricas. L-R entenden a música tradicional como unha paixón e un ben inmaterial que se transmite e modifica, que pode (e debe) experimentar novas aportacións creativas. A través desa experimentación, abren un mundo simbólico ao oínte, configurando así unha comunidade sensible e claramente transfronteiriza.

Leticia González (voz e percusións) e Rubén Bada (guitarra)

Todos os públicos

Entradas: 

Gratuíto

Parque de Vista Alegre [terraza da Fundación SGAE]

Funcións: 
Sábado, 10 Xuño, 2023
13:30
Fundación SGAE