A XANELA DO MAXÍN
(TEATRO E MONICREQUES)
18 XANEIRO 10.00 E 12.00 H
SALA MOZART. AUDITORIO DE GALICIA
Idade recomendada: Infantil, 1º e 2º Primaria
Duración: 45 min
Lingua: galego
O Monstro de Cores esperta confundido: no seu interior mestúranse alegría, tristeza, medo, rabia e calma nun caos que non sabe explicar. Para entender o que lle pasa contará coa axuda da súa amiga, unha nena curiosa e sensible. Xuntas iniciarán unha viaxe chea de descubrimentos na que cada emoción irá tomando forma, cor e voz propias, aprendendo a recoñecelas, nomealas e expresalas. Este espectáculo teatral, inspirado no libro O Monstro de Cores de Anna Llenas, propón unha experiencia sensorial e participativa con música, movemento e xogo. A través do humor, da tenrura e da imaxinación, a proposta promove a educación emocional desde idades temperás, favorecendo o desenvolvemento persoal, a empatía e o benestar. Unha ferramenta escénica útil para centros educativos e programacións culturais comprometidas coa infancia, que convida a entender que todas as emocións son necesarias e forman parte do crecemento.