MUSICALMENTE
Idade recomendada: de 0 a 3 anos
Duración: 45 min
Lingua: non verbal
Monteverdi, Bach e Mozart son algúns dos anfitrións dunha ampla lista de compositores que nos levan do clásico ao jazz, do tradicional portugués ás músicas do mundo, da electrónica á improvisación e ao movemento compartido entre familias e crianzas.
Saxofóns, clarinetes, birimbaos, cavaquiños e outros instrumentos, conforman un universo sonoro amplo e estimulante, pensado para acompañar a curiosidade do público máis pequeniño.