O LIBRO DA SELVA

DATOS BÁSICOS

ÁRTIKA CIA
Idade recomendada:a partir de 4 anos
Duración: 70 min 
Lingua: galego

A Tropa C no patio de butacas

A historia segue os pasos de Mowgli, unha nena humana criada por unha manda de lobos, que debe enfrontarse ao desafío de atopar o seu lugar na comunidade. No camiño descobre a amizade incondicional de Baloo, a sabedoría protectora de Bagheera, o misterio hipnótico de Kaa e a ameaza constante de Shere Khan, o tigre que ve na súa presenza un perigo para a orde establecida.
Diferentes formas de vivir e entender a vida, pero que finalmente deben unirse para defender a harmonía do seu mundo e garantir un futuro compartido.
Unha metáfora do tránsito cara á identidade, da aprendizaxe da cooperación fronte ao medo e do descubrimento de que só na unión e no recoñecemento mutuo pode construírse unha verdadeira comunidade.


[Fotografía: Vanessa Rábade]

 

Duración: 
70 min
Acceso: 
  •  

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do seu comezo.  Tel.: 981 542 34

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Domingo, 4 Abril, 2027
18:00
Teatro Principal