CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS
CONCERTO DE ARS LUSITANA
O conxunto Ars Lusitana, dirixido pola cantante e arpista Maria Bayley, dedica o seu traballo á investigación e recuperación do patrimonio musical portugués, coa idea de sacar á luz músicas pouco coñecidas ou que caeron no esquecemento, a partir de fontes musicais aínda por explorar. O grupo desenvolve, desde a súa creación, unha intensa actividade concertística e tense presentado en concerto en importantes festivais de Portugal, España e diversos países de Europa. O programa de hoxe está centrado na música renacentista procedente de conventos femininos, en particular na misa O gram senhora, recollida nun manuscrito conservado no Museo de Arte Sacra de Arouca (Portugal). Trátase dunha obra dedicada á Virxe, atribuída a un certo “Brasil”, compositor do que non se coñecen datos biográficos, e baseada nunha peza devocional do mesmo título que non se conserva. O programa propón, ademais, a reconstrución dunha práctica perdida, a interpretación dunha misa a catro voces, na que as tres partes superiores son cantadas e a parte inferior é tocada polo baixón, instrumento antecedente do fagot. Ademais, o programa aborda, a xeito de recreación litúrxica, outras obras dos repertorios de canto chan e polifónico portugués da mesma época, e obras para órgano do repertorio ibérico do século XVI.
Maria Bayley, soprano e dirección
Teresa Duarte, soprano
Maria de Fátima Nunes, alto
Joana Bessa Almeida, baixón
André Ferreira, órgano
Programa completo do ciclo