Recomendado para 3º e 4º Primaria
Na sesión O CINE PONNOS VERDES falaremos de ecoloxía, de concienciación medioambiental e de como coidar a nosa contorna e así o noso futuro.
Por medio de distintas pezas audiovisuais trataremos temas como a contaminación dos océanos, as especies animais en perigo de extinción, a necesidade da reciclaxe ou os perigos do cambio climático, nunha sesión que coma sempre contará cunha presentación introdutoria da temática da mesma como fío condutor.
O cinefórum infantil estará artellado de forma que, mediante a análise dos contidos que o alumnado acaba de ver, poidamos trasladar esta problemática ás claves máis cotiás posibles, para que o efecto pedagóxico do visto en pantalla sexa tamén maior. Contaremos con persoas convidadas do ámbito do activismo medioambiental para o debate posterior.