CINEUROPA · PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
O CAMIÑO DE RAMÓN CHAO. TRALAS PEGADAS DE PRISCILIANO (2023)
Aser Álvarez
España / 63 min / Documental / Español, galego
Ficha técnica:
Guión: Aser Álvarez, Antoine Chao
Fotografía: Diego L. Curros e A.A.G.
Edición: Diego López Curros
Produción: Aser Álvarez
Sinopse:
Este proxecto creativo segue o percorrido que realizou coa súa moto o xornalista e escritor Ramón Chao para a elaboración da súa novela Prisciliano de Compostela por diversos lugares de Europa nos anos noventa. Nesta road movie, con banda sonora do seu fillo, Manu Chao, coñecemos os familiares e amigos do autor e descubrimos a mítica figura de Prisciliano, un bispo galaico que morreu decapitado en Tréveris (Alemaña) no século IV por herexe.
Aser Álvarez (Celanova). Licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo, mestrado de El País e especialista universitario en comunicación audiovisual, traballou en prensa, radio e televisión. Tamén comisariou proxectos expositivos multimedia e editoriais e realizou contidos para televisión e publicidade, cos que obtivo o Mestre Mateo ao Mellor Documental, os premios de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, Xohán Carballeira e o Premio ao Mellor Informativo no I Open Radio do CCCB