RFG · O BOSQUE DE GRIMM · CONCERTO FAMILIAR

DATOS BÁSICOS

TEMPADA «MEMORIA» · CONCERTO FAMILIAR · FÓRA DE ABONO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

LA MAQUINÉ, compañía de teatro

Joaquín Casanova e Elisa Ramos, creación
Joaquín Casanova, director da obra, espazo escénico,
iluminación e proxeccións
Elisa Ramos e Maite Campos, intérpretes
José López-Montes, adaptación musical e director
Música: Maurice Ravel

PROGRAMA

Selección de obras de Maurice Ravel

La Maquiné presenta O bosque de Grimm, un espectáculo inspirado no universo dos contos de fadas recompilados por Charles Perrault e os irmáns Grimm, que toma como punto de partida a delicada suite Ma mère l’Oye (Miña nai a Oca) de Maurice Ravel. Interpretada con orquestra en directo, a proposta combina teatro xestual, monicreques e vídeo nunha experiencia escénica pensada para público infantil e familiar a partir dos cinco anos.
A través da música de Ravel —concibida como unha evocación poética dos relatos da infancia— o espectáculo percorre algúns dos contos tradicionais máis coñecidos e transmitidos de xeración en xeración, como Carapuchiña Vermella, Polgariño, Brancaneves ou A Cincenta. Cada peza musical constrúe atmosferas e imaxes que mergullan o público nun bosque cheo de fantasía, misterio e emoción.

 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 

Entradas esgotadas

Info práctica: 
Sábado, 31 Outubro, 2026
18:00
Auditorio de Galicia