CINEUROPA · PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO · NOVAS/OS CINEASTAS
O AUTO DAS ÁNIMAS (2023)
Pablo Lago Dantas
Galicia / 73 min / Documental / Galego
Ficha artística:
Alicia Alján, Santiago Eiroa, Núria Dantas, Manuel Lago, Pablo Lago
Ficha técnica:
Guión e fotografía: Pablo Lago Dantas
Música: BJ Nilsen
Edición: Juan Carrano
Produción: Diana Toucedo Films
Sinopse:
Nunha pequena aldea galega, a familia de Pablo vive apegada ás súas antigas tradicións e crenzas. Sentindo que non encaixaba no seu mundo, Pablo marchou hai 20 anos para converterse en cineasta. Pero, a medida que tanto el como a súa familia avellentan, un sentimento de inquedanza comeza a facerse máis forte nel, instándoo a retornar á casa para se enfrontar ás pantasmas do pasado e atopar respostas no pouco tempo que lles queda xuntos.
Pablo Lago Dantas (Redondela). Foi candidato á mellor fotografía en Camerimage por The Six Degrees of Freedom (2019) e conta con películas que chegaron a máis dun cento de seccións oficiais en prestixiosos festivais internacionais. Fascinado polo subconsciente, utiliza as súas conexións galegas co mito e os rituais para agregar capas e profundidade ao mundano. O auto das ánimas é o seu primeiro filme como director.
Sección Oficial en Visions du Réel 2023