CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
O AGENTE SECRETO (2025)
Kleber Mendonça Filho
Brasil, Francia, Países Baixos, Alemaña / 158 min / Ficción / Portugués
Ficha artística:
Wagner Moura, Maria Fernanda Cândido, Gabriel Leone
Ficha técnica:
Guión: Kleber Mendonça Filho
Fotografía: Evgenia Alexandrova
Edición: Matheus Farias, Eduardo Serrano
Produción: Dora Amorim, Olivier Barbier, Sol Bondy, Fred Burle, Fernanda Cordel, Erik Glijnis, Julian Haisch, Fionnuala Jamison, Martín Kalina, Elisha Karmitz, Nathanaël Karmitz, Emilie Lesclaux, Kleber Mendonça Filho, Wagner Moura, Olivier Père, Leontine Petit, Juliana Soares, Brent Travers
Sinopse:
En 1977, durante a ditadura militar brasileira, Marcelo, un profesor que foxe dun pasado turbulento, regresa á cidade de Recife coa esperanza de construír unha nova vida e reencontrarse co seu fillo. Pero axiña se decata de que a cidade está lonxe de ser o refuxio que busca: as forzas gobernamentais perségueno e as ameazas de morte axéxano.
Kleber Mendonça Filho é un director, guionista, produtor e crítico de cinema brasileiro. As súas primeiras curtametraxes recibiron máis dun cento premios en Brasil e no estranxeiro. A súa primeira longametraxe, o documental Crítico (2008), foi seguida por O Som ao redor (2012), que obtivo 32 galardóns, foi seleccionada en máis de cen festivais internacionais e representou a Brasil nos Óscar 2014, sendo considerada polo New York Times unha das dez mellores películas do ano. Con Aquarius (2016) consolidou o seu prestixio internacional tras competir en Cannes e ser distribuída en máis de cen países. En 2019 codirixiu xunto a Juliano Dornelles Bacurau, que obtivo o Premio do Xurado no Festival de Cannes. O seu documental Retratos fantasmas (2023) tivo a súa estrea mundial na 76ª edición do certame francés.
Mellor Dirección, Mellor Actor (Wagner Moura) e Premio FIPRESCI no Festival de Cannes 2025