O ÚLTIMO AZUL

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA INTERNACIONAL

O ÚLTIMO AZUL (2025)

Gabriel Mascaro

Brasil, México, Chile, Países Baixos / 86 min / Ficción / Portugués

Ficha artística:

Denise Weinberg, Rodrigo Santoro, Miriam Socarrás

Ficha técnica:

Guión: Gabriel Mascaro, Tibério Azul

Fotografía: Guillermo Garza Morales

Edición: Omar Guzmán, Sebastián Sepúlveda

Produción: Rachel Daisy Ellis, Giancarlo Nasi, Simone Oliveira, Sandino Saravia Vinay, Marleen Slot

Sinopse:

Tereza, de 77 anos, viviu toda a súa vida nunha pequena cidade industrial da Amazonia ata que recibe unha orde oficial do goberno para trasladarse a unha colonia para maiores. Nese lugar illado, os anciáns son levados para “gozar” dos seus últimos anos, mentres a xeración nova pode dedicarse por completo á produtividade e ao progreso. Mais Tereza négase a aceptar ese destino imposto e emprende unha viaxe transformadora polos ríos e afluentes da selva amazónica para cumprir un último desexo antes de que lle arrebaten a liberdade: un acto de rebeldía que mudará o seu destino para sempre.

Gabriel Mascaro é un director, guionista, produtor e artista visual brasileiro. Tras licenciarse en Comunicación Social, comezou a realizar documentais recoñecidos internacionalmente, como KFZ-1348 (2008), Um Lugar ao Sol (2009) e Doméstica (2012). A súa primeira longametraxe de ficción, Ventos de agosto (2014), estreouse en Locarno e marcou o inicio da súa proxección internacional. Con Boi neon (2015) consolidouse como unha das voces máis orixinais do novo cinema brasileiro, gañando o Premio Especial do Xurado na sección Horizontes do Festival de Venecia, ademais de múltiples recoñecementos en Toronto, Rotterdam e Mar del Plata. En 2019 presentou Divino amor, seleccionada no Festival de Sundance e na Berlinale. A súa obra destaca pola exploración sensual e política da identidade, a modernidade e o desexo no Brasil contemporáneo.

 

Gran Premio do Xurado e Premio do Xurado Ecuménico na Berlinale 2025

Candidato  a Mellor Filme na SEMINCI

 

Duración: 
86 MIN
Acceso: 

 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo: 
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 16 Novembro, 2025
20:45
Salón Teatro
Luns, 17 Novembro, 2025
18:15
Teatro Principal
MULTIMEDIA

O Último Azul | Trailer Oficial